Os concellos anuncian actividades para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero

Publicidade ASPADISI

Para conmemorar o 25N – Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, o Concello de Boborás abordará esta data dende o folk galego, coa actuación do grupo CALDO.  A actuación terá lugar na Saleta e comezará as 18:30h. En caso de choiva levarasa a cabo no pavillón.

E no caso do concello de Piñor, xa comezaron con elas, cun xogo en colaboración cos Bolechas. Ademais, tamén preparon un taller para a mocidade chamado “A violencia de xénero no novo contexto dixital”. A iniciativa está destinada a mozos/as de entre 10 a 17 anos, e nela se aportará formación e estratexias para previr as novas formas de violencia vinculadas ás redes e ás novas tecnoloxías (como o grooming). Será o venres 3 de decembro ás 18h no Centro Social de Piñor, e é precisa inscrición previa nos Servizos Sociais.

HIPER MASIDE

No caso do Irixo, o sábado 27 novembro e 4 de decembro ofrecerán unhas xornadas de defensa persoal coa colaboración do GDR Carballiño-O Ribeiro e o Club Irixo Kick-boxing, totalmente gratuítas (previa inscrición) no pavillón municipal as 11:30 horas.