A Deputación outorga subvencións para proxectos nos concellos da contorna

A xunta de goberno da Deputación de Ourense aprobou a concesión de máis de 600.000 euros en subvencións destinadas á cooperación cos concellos e entidades varias.

A Fundación Insua dos Poetas contará con 18.000 euros para gastos neste exercicio. Castrelo de Miño disporá de tres achegas: 10.000 euros para a adquisición dun vehículo ECO, preto de 15.500 para a reforma e ampliación dun edificio para usos múltiples e a construción dun parque infantil, e case 15.000 para a urbanización da contorna da vivenda comunitaria e da Casa do Maior de Vide.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Concello do Irixo terá unha axuda de 12.000 euros para promoción da súa marca agroalimentaria; Punxín recibirá algo máis de 3.000 euros para a adquisición de material informático; e San Cristovo de Cea recibirá 25.000 euros para a actividade cultural e institucional do concello.