O delegado territorial da Xunta Gabriel Alén entregoulle as chaves aos propietarios esta mañá na Delegación Territorial
- O delegado territorial explicou que as dúas vivendas posúen garaxe, e rocho e a superficie útil dos mesmos é de 51,28 m2 e 50,46 m2
- Gabriel Alén subliñou que a Xunta desenvolve unha serie de medidas de carácter social encamiñadas a atender esta demanda e mantén aberto ao longo de todo o ano a posibilidade de inscribirse no rexistro oficial e único de demandantes de vivenda
– O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, entregou hoxe as chaves de vivendas que a Xunta de Galicia a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), que é o encargado de satisfacer as necesidades urxentes de vivenda e velar porque os distintos colectivos con mais dificultade de acceso poidan ver satisfeito o seu dereito a unha vivenda digna e adecuada.
A promoción de vivendas construídas na rúa Irmandade, nº 5 de Allariz, data do ano 2011, e o número de vivendas da promoción é de 32.
O acceso ás vivendas articulase a través de dous mecanismos, inscrición no rexistro de demandantes e participación, no seu caso, no proceso ordinario de adxudicación de vivendas de promoción pública que se convoque por existir vacantes. As vivendas ofertadas foron para persoas xoves e maiores.
As vivendas foron adxudicadas en réxime de alugamento, cunhas rendas que non exceden dos cen euros, en función dos ingresos das persoas adxudicatarias.
A superficie útil das vivendas é de 51,28 m2 e 50,46 m2. Constan de, salón-comedor, cociña, 1 dormitorio, 1 baño, lavadoiro e un vestíbulo; rocho e garaxe.
O delegado territorial explicou que as persoas beneficiarias xa poden facer uso das vivendas de inmediato e resaltou que esta actuación é unha mostra máis do apoio que mantén o Goberno galego aos cidadáns para facilitar o acceso á vivenda. De feito, a maiores das vivendas de promoción pública a Xunta desenvolve unha serie de medidas de carácter social encamiñadas a atender esta demanda e mantén aberto ao longo de todo o ano a posibilidade de inscribirse no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda (RUDEVI).
Na actualidade na provincia de Ourense existen cincocentas corenta e oito unidades familiares inscritas.
Así mesmo, como explicou a delegado, a Xunta de Galicia a través do o IGVS continúa promovendo a adquisición de novos edificios para ampliar o parque público de vivenda.
No ano 2021 efectuáronse incluíndo estas vivendas, 15 entregas en segundas ou posteriores adxudicacións.
A adxudicación de vivendas de promoción pública efectúase unha vez que as ditas vivendas queden vacantes ou sexan recuperadas polo IGVS, incluso a través de mecanismo, entre outros, de execucións hipotecarias, por desaparecer o vínculo xurídico que as unía ao seu propietario ou arrendador segundo o réxime de tenencia, resulta pois un proceso continuado ao longo da anualidade para a súa adxudicación.
O mecanismo para acceder a unha vivenda de promoción pública é a través do RUDEVI.
A inscrición pode efectuarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/portada, procedemento VI428C, inscrición no RUDEVI, tamén pode solicitarse información nas propias oficinas do IGVS. As solicitudes poden presentarse opcionalmente por medios electrónicos ou de xeito presencial a través de cita previa.
O IGVS, está a iniciar actuación de obra nova no Casco histórico de Ourense, en concreto, na praza Manuel Sueiro e Liberdade.