Accidente dun turismo, que se precipitou por unha ponte duns 20 metros de altitude no Varón

Rescate esta tarde por mor dun accidente de tráfico, de un varón duns 30 anos atrapado no interior do vehículo no que viaxaba, logo de sairse da vía na estrada Ribadavia-Cea a altura da igrexa do Varón.

A persoa, ferida con pronóstico reservado, foi excarcerada e rescatada do vehículo nunha zona de difícil acceso.

AVANTAR ACTIVIDADES

O rescate foi complexo o tratarse dun lugar de difícil acceso. A excarcelación do accidentado foi realizada con medios do Grupo Municipal de Emerxencias do Carballiño en colaboración cos bombeiros do CIS Carballiño-Ribeiro.

Medios Mobilizados:

Grupo municipal de emerxencias do Carballiño

Policia local do Carballiño

Garda civil de tráfico

CIS Carballiño-Ribeiro

Urxencias sanitarias 061