Segunda xornada con case medio milleiro de contaxios en Galicia

A comunidade galega rexistra hoxe 498 contaxios, un ritmo de novos positivos que se mantén estable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 3.970, máis de 400 nesta xornada. A ocupación das camas dos hospitais increméntase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 13 (+1) están en UCI e 94 (+1) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 107 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 1.008 casos activos, 40 máis nesta xornada. Os hospitais hoxe presentan 25 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 2 (-1)  na UCI.

No Ribeiro, Ribadavia mantén os 14 casos activos, Arnoia presenta 7 casos e Carballeda de Avia baixa ós catro casos activos. Melón conta con dous casos. Avión, Beade, Cenlle e Cortegada contan cun caso activo cada un.

PUBLICIDADE ELECTORAL