Juan Míguez, Adolfo Otero e Juan Enrique Otero de Protección Civil de Carballiño condecorados

Esta mañá na Academia Galega de Seguridade Pública (AGSP) no recoñecemento aos voluntarios Protección Civil foron condecorados 3 membros da Agrupación de Carballiño

Juan Míguez, Adolfo Otero e Juan Enrique Otero foron os condecorados

AVANTAR ACTIVIDADES

Compre destacar que Juan Míguez leva corenta anos na agrupación do Carballiño. Iso valeulle, entre outras cousas, para que o agasallaran coa medalla de prata ao mérito de 2021.

VIDEO sobre Juan Míguez Premer na Imaxe

Entrega de medallas

A concesión das medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia ten por finalidade distinguir as persoas físicas ou xurídicas e/ ou ás institucións que sobresaian polas súas actividades en materia de protección civil, así como a prestación de servizos continuados no tempo, de interese para a protección civil, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

No acto celebrado hoxe fíxose entrega das medallas correspondentes aos anos 2020 e 2021.


Medallas ao mérito da Protección Civil de Galicia 2000

Aboal García -Tuñón, José Luis (ouro)
González del Oso, José Antonio (prata)
Pérez Barrientos, Ramón (prata)
Moledo Arufe, Eduardo (bronce)
Rodríguez García, Ángel Rafael (bronce)
Nogueiras Iglesias, Juan Carlos (bronce)
González Maside, Norberto Aser (bronce)
Martínez Núñez, Emilio (bronce)
Do Rio Augusto, Fernando Antonio (bronce)

Medallas ao mérito da Protección Civil de Galicia 2021

AVPC de Calicia pola colaboración contra a covid (ouro)
Barca Añón, José Luis (ouro)
Corral Sánchez, Juan Manuel (prata)
Míguez Otero, Juan (prata)
Otero Prol, Víctor (prata)
Lombardía, López, Víctor (bronce)
Rey Noya, Cesáreo (bronce)
De Prada Creo, Francisco (bronce)
Pérez Hermo, Ignacio Javier (bronce)
Núñez Picallo, Ismael (bronce)
García Rúa, M.ª Rosario (bronce)