Este mércores, o concello do Carballiño celebra unha nova sesión plenaria

Este próximo mércores, día 1 de decembro, o concello do Carballiño celebrará a súa sesión plenaria correspondente ó mes de novembro. A sesión dará comezo ás 09:15 horas, e estará presidida polo tenente alcalde, Manuel Dacal, por problemas de saúde do alcalde, Francisco Fumega.

A orde do día inclúe a adhesión ó convenio en materia de subministro de información de carácter tributario ás entidades locais e tamén a adhesión ó convenio co Ministerio de Interior, entre outros temas.

AVANTAR ACTIVIDADES

En canto ó control da oposición, o BNG demanda o incremento dos recursos económicos destinados a loitar contra a violencia de xénero.

O PP presentou unha moción para que se redacte unha nova ordenanza do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana.

Espazo Común presentou unha moción para que se devolvan os importes cobrados por servizos non prestados a causa da pandemia, e presentou a mesma moción que levou o PSOE na Deputación de Ourense para que se supriman as subvencións a dedo.