O grupo municipal socialista de O Irixo insta ó concello á mellora integral da estrada da parroquia de San Cosme entre O Irixo e Dozón

Publicidade ASPADISI

O grupo municipal socialista de O Irixo insta ó concello á mellora integral da estrada da parroquia de San Cosme entre O Irixo e Dozón para acceso dende o Irixo a autovía Ourense – Santiago.

Os socialistas veñen achegando cada ano, unha emenda presupostaría ós orzamentos da Xunta de Galicia, a última os do ano 2022 co fin de acadar o financiamento necesario para a mellora integral da estrada da parroquia de San Cosme entre O Irixo e Dozón para acceso dende O Irixo a autovía Ourense -Santiago, cunha partida inicial de 500.000 €, un investimento necesario orientado a mellorar as comunicacións e a seguridade do noso concello e mais cando nos próximos meses se porá en funcionamento o acceso a autovía dirección Ourense.

HIPER MASIDE

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou unha MOCIÓN PARA Á MELLORA INTEGRAL DA ESTRADA DA PARROQUIA DE SAN COSME ENTRE O IRIXO E DOZÓN PARA ACCESO DENDE O IRIXO A AUTOVÍA OURENSE -SANTIAGO.

Recordar que xa no ano 2018 (21 de xuño de 2018) e no ano 2019 (12 de decembro de 2019) achegamos o Concello sendas mocións para ser debatidas no pleno pedindo entroutras a mellora da estrada de San Cosme para acceso directo a autovía dende O Irixosen que a día de hoxe, pasados máis de tres anos, se fixera nada para a mellora desta estrada.

Que cobran vital importancia, FRENTE A OUTROS PROXECTOS NON NECESARIOS, as vías de comunicación que permitan entrar e saír do municipio e desprazarse dentro e fóra do Concello de forma segura en tempo e forma.

Que ese acceso directo vese dificultado en gran medida debido o pésimo trazado da estrada de San Cosme, con numerosas curvas perigosas, varias pontes estreitas por onde non poden circular dous vehículos ou un cambio de rasante na ponte do ferrocarril con nula visibilidade e perigo de caer o trazado da vía por parte de condutores ou peóns.


VIDEO SPOT O IRIXO en BADAL TV