O Psoe de Pereiro insta a instalación dunha pasarela peonil na presa de Cachamuíña

Os representantes do PSdeG-PSOE de Ourense no Congreso, Adolfo Pérez Abellás e Uxía Tizón, compareceron esta mañá na sede dos socialistas ourensáns, na compaña do secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino, para valorar os Orzamentos Xerais do Estado aprobados no Congreso dos Deputados a pasada semana. O Proxecto de Lei dos PGE 2022 asigna á provincia de Ourense 157,4 millóns de euros para investimentos, “o que supón un 27,5% máis con respecto ao 2021, un 1,21 % sobre o total rexionalizado”.

Os representantes socialistas en Madrid subliñan que o executivo presidido por Pedro Sánchez comprométese con 3 obras históricas que o PP “tivo paralizadas e quixo tombar” como son o último tramo do AVE entre Taboadela e Ourense, a variante norte entre a A-52 e Quintela e a fase definitiva da estación de tren. “Ourense está máis que nunca no centro da política estatal cun Goberno que cumpre e incrementa os investimentos e o gasto social co obxectivo de que ningún ourensán e ourensá quede atrás”, sinalan os socialistas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Adolfo Pérez Abellás puxo de manifesto que nestes orzamentos aprobados, o investimento real en estradas na provincia de Ourense “incrementouse un 13,2 %, pasando dos 32,81 millóns nos PGE 2021, aos 37,13 nos de 2022. O deputado destacou tamén os 22,9 millóns consignados para obras na conexión entre as estradas N-120 e N-536 en O Barco de Valdeorras.

En relación á materia ferroviaria, o deputado socialista puxo o foco en que os investimentos incrementáronse nun 38,1%, concretamente en 28,05 millóns de euros, pasando dos 73,60 millóns en 2021, aos 101, 65 consignados en 2022. “Destacan os 10 millóns de euros para o LAV Galicia, no tramo Olmedo-Lubián-Ourense; ou os 22 millóns da variante de Ourense, 50 millóns para outras actuacións na Red TEN-T na provincia”, apuntou Pérez Abellás. Tamén se fixo fincapé nos 3 millóns que o Ministerio de Cultura e Deporte destina para a rehabilitación do Museo Arqueolóxico de Ourense.

Pola súa banda, a deputada, Uxía Tizón, valorou “moi positivamente” que nestes orzamentos do Estado se teña en conta partidas específicas destinadas a mocidade, onde destacou que “se incentiva o uso da cultura por parte da mocidade cun bono cultural que conta cunha dotación de 210 millóns de euros e que na provincia de Ourense beneficiará a 2.200 mozos e mozas”.

No relativo a pensionistas e empregados públicos, o PSdeG-PSOE de Ourense pon de manifesto que cos PGE 2022 “garántese o poder adquisitivo dos nosos maiores e empregados públicos, cumprindo co acordado cos axentes sociais”. Destacan que as pensións contributivas aumentan un 3 %, “o que beneficiará a máis de 5.000 maiores da provincia”. Tamén sinalaron a revalorización dos 9,6 millóns de pensións contributivas que se fixará na lei que se tramita actualmente no Congreso, “e da que se beneficiarán máis de 99.000 pensionistas da provincia”. Sube nun 2 % a retribución dos máis de 2,7 millóns de empregados e empregadas públicos, que “afecta directamente a 19.000 empregados e empregadas públicas desta provincia”, afirmou Tizón..

A atención a dependencia aumenta, xa que o orzamento crece un 23,3 % e alcanzará o seu nivel máis alto da historia, mellorando as prestacións e ampliando o número de beneficiarios atendidos. “Os usuarios atendidos na provincia poderán superar as 8.000 persoas, gracias á transferencia para o nivel mínimo acordado”. En Sanidade, destínanse 6.606 millóns para reforzar e fortalecer o Sistema Nacional de Saúde, “que beneficiará a máis de 305.000 persoas que viven na provincia de Ourense”. “A subida dun 3 % do Ingreso Mínimo Vital beneficiará á máis de 4.000 persoas que o reciben na provincia de Ourense”. A dotación para o Bono Social Térmico increméntase ata alcanzar os 157 millóns de euros, co obxectivo de paliar a pobreza enerxética en consumidores vulnerables, “beneficiaranse máis de 9.000 fogares da provincia de Ourense” finalizaron o deputado e a deputada socialistas.

Saúdos.