A comarca do Carballiño rexistra hoxe 77 contaxiados. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, sobe 16 contaxios, ata os 65 casos activos e un índice por 100000 habitantes de 461. Maside sobe un caso ata os 8 contaxios. San Cristovo de Cea mantén dous casos. O Irixo e San Amaro presentan un caso cada un deles.
No Ribeiro, Ribadavia sobe seis casos ata os 20 casos activos, Arnoia presenta 7 casos e Carballeda de Avia baixa ós tres casos activos, os mesmos ca Cenlle. Cortegada presenta dous casos e Melón sobe dos dous ós catro contaxios. Avión, Beade e Leiro contan cun caso activo cada un.
A comunidade galega rexistra hoxe 414 contaxios, un ritmo de novos positivos que se mantén estable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 5.056, máis dun milleiro esta fin de semana. A ocupación das camas dos hospitais increméntase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 26 (+13) están en UCI e 114 (+20) en unidades de hospitalización.
A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 113 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 1.351 casos activos, máis de 300 nesta fin de semana. Os hospitais hoxe presentan 37 (+12) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 5 (+3) na UCI.