En Punxín: Convocatoria para cubrir prazas de persoal laboral fixo, polo sistema de concurso-oposición

Publicase hoxe no DOG: Premer na Imaxe

Por Resolución de Alcaldía con data do 9 de novembro de 2021, aprobáronse as bases
e a convocatoria para cubrir as prazas de persoal municipal denominadas: limpador/a dependencias municipais, e chófer tractor rozadora encargado de ambiente e vías públicas, ambas en réxime laboral fixo, polo sistema de concurso-oposición.
No Boletín Oficial da provincia, na sede electrónica do Concello (http://punxin.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios, aparecen integramente publicadas as bases que deben rexer a convocatoria para a contratación das prazas.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar desde o día
seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas
bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia e na sede electrónica do Concello
(http://punxin.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios.

AVANTAR ACTIVIDADES