O campo do Espiñedo prepárase para o encontro da Copa do Rei de mañá mércores

O C.D. Arenteiro debutará mañá na Copa do Rei, logro conseguido na última tempada ó gañar ese último encontro e facerse ademais co ascenso a Segunda Federación. O sorteo da Real Federación emparellou ós verdes co Logroñés. O encontro será mañá mércores, día 1 de decembro, ás 20:30 horas, no campo do Espiñedo, na casa.

Dende o clube fan un chamamento a todo o Carballiño para arroupar ó seu equipo neste novo camiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademais, o campo do Espiñedo, que está acollendo nestas semanas a grandes equipos nacionais, e aínda os que quedan por vir nos próximos meses, está implementando melloras no campo. Unha delas, para facilitar a retransmisión dos encontros en inverno, era a mellora de luminarias. O videomarcador é outra mellora, que chegará estes días ó estadios, pero non chegará a tempo do partido de mañá.