As incertezas na aldea global

Manuel Herminio Iglesias


A segunda metade do  século vinte foi unha explosión de avance científico que  amosouse en moitos eidos  da ciencia. Froito deses avances chegou a  mellora nas comunicacións.   Mais xunguidos a estes avances  viñeron  outros problemas que crean inseguridade e incerteza.

AVANTAR ACTIVIDADES

A día de hoxe podemos saber ó minuto o que acontece en calquera parte do globo; podemos ter imaxes  e   coñecer  culturas e xentes  que viven nas antípodas. Esto que é unha gran adianto, tamén ten as súas debilidades e fraquezas. Saber de  países, ollar  súas forma de vida,  coñecer o regulamento  da vida social e laboral e un longo etc. abriu portas ó que hoxe coñecemos como a  deslocalización de empresas, pois as condicións laborais  e os dereitos humanos entre uns lugares e outros son moi diferentes.   Fabricar unha peza de roupa nun pais onde o custe, comparado con occidente, é unha miseria  é unha  tentación á que moitas empresas non se resisten; O obxectivo é   vendérnola  a nós recollendo importantes beneficios. O capital non sabe de ética, soamente ten intereses e de eso vive.

Tamén o século vinte, e o que levamos do 21, trouxo o inicio da sociedade do ocio. Trouxo o relevo de moita man de obra pola maquina e  con elo a  eliminación de custes. Esto lévanos  cara unha situación de eliminación de servizos básicos  que deixan a poboación maior moi indefensa, pois resúltalle complexo manexar as  novas  ferramentas  como caixeiros, etc.    

Dixen que o avance nas comunicacións,  e con ela a aparición das redes sociais tamén  trouxeron ventaxas e tamén novas formas de delinquir  e manipulación que incluso chega a adulteración de temas  sociais e políticos. Camiñamos cara a sociedade de masas controlada por un poder agochado que ninguén elixiu.

No  mundo actual estase abrindo a unha nova época e,  como sempre acontece,   todo o novo  que nace  trae inquedanzas e moitos puntos escuros por aclarar. A sociedade do consumo na que estamos inmersos está chegando, ou chegou, ó seu máximo de desenvolvemento. E agora comezan as contradicións que semellan unha guerra de todos contra todos.  E así aparecen as incertezas nesta nosa sociedade occidental.  A primeira é o envellecemento da poboación; a segunda son os problemas medioambientais e o consumismo acrítico; a terceira ven dada polo acceso a tanta información na que é moi complexo distinguir a manipulacións,  mentiras e verdades. A cuarta son as desigualdades  entre dereitos e condicións laborais na  aldea global primeiro motivo da deslocalización empresarial.  A quinta é a pandemia global que nos trae de cabeza; a sexta son os procesos migratorios dos que pode que dependamos nun futuro.   E así  poderíamos seguir e seguir; poderíamos    ir   enumerando chatas e inquedanzas que  abranguen a unha sociedade líquida  e con areas movedizas como a nosa. Unha  sociedade   onde moitos  valores e   principios  así como  a ética camiñan na corda floxa.

Todo este acontecer  lémbrame de novo a cantiga Cambalache  de Enrique Santos Discépolo. Esa peza musical que  naceu a principios do século XX e que  amosaba as queixas e incertezas daquel  tempo pasado: ”Todo es igual, nada es mejor…”  E agora que tamén andamos en tempos de  muda, semella que  a historia repítese e volve como unha roda que nos  axita.  Con todo, a globalización é un feito real e,  a sustitución do home pola máquina  é o robot debuxa unha sociedade distinta a de hoxe.   Outra cousa é como afrontaremos nesta aldea mundial  os retos que temos neste  século.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas