O cine club proxecta este venres o filme “Queridos camaradas”

Este venres día 3 de decembro o cine club proxecta no Auditorio Manuel María a última película de Andrei Konchalovsky, a produción rusa “Queridos camaradas”, ambientada na Unión Soviética de 1962 e baseada en feitos reais: a represión dunha folga obreira por parte do exército ordeada polo goberno. A película obtivo o Premio Especial do Xurado no Festival de Venecia. Os pases serán ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 horas en VOS.