Despois da reunión celebrada unhas semanas atrás entre o concello e os veciños da rúa Rega, acordouse celebrar unha votación na que se decidirá a posta en marcha do bolardo de acceso que leva instalado dende o ano 2018. Nesta votación terán voto todos aqueles que contan con praza de garaxe ou cunha finca á que se pode acceder co seu vehículo.
O concello abre un prazo dun mes para que todos eles acudan ás dependencias municipais para solicitar o seu dereito a voto acreditado ca xustificación de ter unha praza de garaxe ou acceso rodado, por medio da escritura pública correspondente ou un recibo da contribución. Recibirán, deste xeito, un xustificante. A mediados do mes de xaneiro terá lugar unha nova reunión na que se explicará a situación e celebrarase a votación.