O cine de Leiro oferta unha dobre carteleira para esta fin de semana

O Novo Cine de Leiro actualiza como cada semana a súa programación. Neste caso, ofrecerá para os próximos días dous filmes. Por unha banda, “Encanto”, a nova estrea de Disney. Este filme poderase desfrutar o venres, sábado e domingo e o luns e martes, ás 16:00 horas.

Por outra banda, o filme “Way Down”, de acción e suspense. Esta estrea poderá verse o venres, sábado e domingo e o luns e martes, en sesións ás 18:15 horas e ás 20:30 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES