Ribadavia asina o convenio para as Áreas de Rehabilitación Integral

A Xunta de Galicia, o Goberno central e os 22 concellos que participan este ano no reparto dos 10,2 millóns de euros dispoñibles para actuar nas áreas galegas de rehabilitación integral asinaron os correspondentes convenios de financiamento nos que especifícase a cantidade asignada en cada caso.

Durante o acto, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou a importancia das ARI para Galicia.

FESTAS EN RIBADAVIA

En concreto, dos 22 concellos beneficiados nesta última convocatoria, tres son ourensáns —Castro Caldelas, Ourense e Ribadavia. Neste caso, os recursos mellor empregados son os destinados ao social e neste caso o custe total da actuación é de 278.480€.

Unha vez asinados os convenios, serán agora as administracións locais as que procedan á convocatoria das subvencións, cuxa contía máxima é de 24.000 euros por vivenda.