Esta fin de semana celebrarase o campionato do mundo de savate en Luíntra


Esta fin de semana celebrarase en Luíntra a final do campionato
do mundo de Savate. Nesta final, xogarase o título o ourensán
Rubén Batán, que estivo hoxe con nos, para falarnos das
sensacións previas a este torneo.
tamén puidemos falar co que xa é subcampión de Europa de
Savate, Roi Mateo, que tamén participará neste evento.
Ambos son adestrados por Cipri Gomes, que destacou o esforzo
feito por ambos para loitar polas súas metas. Tamén nos falou da
importancia de recuperar todas as probas e compionatos, que son
a base da preparación dos mozos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademais, a nosa contorna contará con representación a nivel
mundial das diferentes federacións. Por exemplo, atópanse no
ApartHotel Arenteiro representantes federativos da selección
francesa, cos que tivemos tamén a oportunidade de falar hoxe.
Contáronnos como afrontan a competición de mañá, como está o
nivel e cales son as sensacións previas.