O Bng de a Merca saca adiante unha iniciativa de loita contra violencia de xénero provocando unha desfeita no grupo de goberno do PP

    • O grupo do PP dividiu os seus votos con 1 a favor, 3 abstencións e un en contra, motivado este por considerar que non é necesaria xa que: na violencia “non hai xéneros senón persoas”

A moción que defendeu a concelleira nacionalista Teresa Garrido, na que se reclamaba campañas de formación para a veciñanza, a implicación dos colectivos feministas e asociacións de mulleres no CIM da Mancomunidade e máis recursos para as políticas públicas nesta materia, así como que a Xunta incremente os recursos destinados a loita contra a violencia machista saíu adiante cos votos favorábeis da concelleira do BNG, do PSOE e un concelleiro do PP; mentres tres concelleiros do PP abstivéronse e outro votou en contra, xustificando o seu voto en que  “non hai xénero senón persoas” e que ” unha persoa non ten que ser valorada polo seu xénero senón como persoa”, poñendo en cuestión a necesidade de políticas públicas con perspectiva de xénero, mesmo nun aspecto tan sensíbel como o da violencia machista.

AVANTAR ACTIVIDADES

No mesmo punto do debate, o Sr Alcalde cualificou de “patéticas” tódalas manifestacións e actos civís institucionais de todo tipo incluídas as do 25N.

Espallar o ocio e o deporte por todas as parroquias

O BNG, tamén conseguiu sacar adiante a iniciativa para que o goberno municipal da Merca organice andainas en todas as parroquias e non sempre na mesma, tal e como leva feito nos últimos 10 anos. A moción acordada insta ao goberno local a promover “eventos culturais e deportivos nas distintas parroquias”, a “organizar cando menos unha andaina ao ano que teña un percorrido diferente á do ano anterior con saída cada ano nunha parroquia distinta”, e que “colabore coas entidades que teñan relación con distintas parroquias, apoiando as actividades que organicen”.

Sobre esta cuestión manifestouse o segundo tenente de alcalde, quen sostivo que non hai máis “ecoespazo” que o da Broa e que só nesa parroquia hai voluntarios para poder organizar o evento. Outro dos concelleiros populares,  engadiu que outros percorridos que considerados “son pistas da parcelaria”, lugares “feos” e ningún outro “co encanto da Broa”. Porén, os populares votaron, esta vez si, todos a favor da moción do BNG, que foi aprobada por unanimidade.

Igrexa da Mezquita

Despois de ter presentado unha petición por rexistro, as nacionalistas tamén lembraron ao goberno municipal a urxencia dunha actuación para arranxar o muro e a escaleira de acceso ao adro da Igrexa da Mezquita. O alcalde informou de que o arquitecto municipal está preparando os proxecto para enviar a Patrimonio, plans que inclúen melloras no acceso para persoas con dificultades de mobilidade.