Piden a retirada de dous niños de velutina inactivos en Mesego

Os veciños de Mesego alertan da presenza de varios niños de velutina ubicados en árbores. Aseguran que despois de avisar ó concello e á empresa encargada da súa xestión, acudiron a comprobar o seu estado. Despois desta revisión, colocaron varios carteis nas árbores nas que se atopan nos que informan de que os niños están inactivos. Os veciños alegan que este xeito de actuar é insuficiente, xa que cando aparezan novos niños de cara a época estival, cando as avespas se reproducen, non poderán identificar cales están activos e supoñen un perigo e cales non. Solicitan a súa retirada, e ademais, que se faga unha revisión da zona do parque do Carballiño, xa que moitos destes niños só se poden ver agora, que as árbores perderon as follas.

AVANTAR ACTIVIDADES