Boborás volveu a sufrir cortes no subministro eléctrico

A alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, informaba onte pola noite dunha avaría do abastecemento eléctrico, que afectaba a 360 clientes da liña 1 de Albarellos. Dende Unión Fenosa informaban ó concello de que estaban acudindo á zona para conectar manualmente a liña e aseguraban que descoñecían as causas da avaría. Na tarde de onte tamén se produciu un corte de 7 minutos que afectou a moitos máis aboados no Carballiño.

Nos últimos días producironse diversos cortes en Boborás causados pola caída de dúas árbores nunha liña do tendido. A alcaldesa reuniuse ca empresa subministradora do servizo para tratar eses fallos.

AVANTAR ACTIVIDADES