Video ca celebración do Arenteiro cando sabe que o rival na copa será o Valencia C.F

Hoxe, na sede da Real Federación Española de Fútbol tivo lugar o sorteo da segunda ronda da Copa do Rei. O C.D. Arenteiro clasificábase este pasado mércores o vencer 2-1 fronte o Logroñés, vitoria que soubo case coma un título no Espiñedo.

Esta mañá tiña lugar o sorteo da segunda ronda, no que o azar xogou o seu papel para enfrontalos ó Valencia.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os xogadores e o equipo técnico viviron este sorteo todos xuntos, no Espiñedo. Estivemos con eles, mantendo a intriga de cal sería o seu próximo rival.

O encontro, segundo as primeiras informacións, que poderían cambiar, tería lugar entre os días 14 e 16 de decembro, e o campo aínda está por determinar, aínda que será aquí, na casa.