O secretario xeral da Emigración traslada á cónsul xeral de España en Uruguai a importancia da colaboración entre administracións

Publicidade ASPADISI

O secretario xeral da Emigración traslada á cónsul xeral de España en Uruguai a importancia da colaboración entre administracións para facer máis efectiva a atención á colectividade e as políticas de retorno

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas unha reunión coa cónsul xeral de España en Uruguai, María Victoria Scola Pliego, na que lle explicou as liñas de traballo da Xunta de Galicia coas entidades galegas, así como a importancia da colaboración entre administracións para facer máis efectiva a atención á colectividade e as políticas de retorno.

HIPER MASIDE

Durante a reunión, trasladóuselle a Scola Pliego, o esforzo realizado pola Xunta durante o 2021 para apoiar socialmente aos galegos que máis están a sufrir os problemas xerados pola pandemia da Covid-19, especialmente no eido sanitario, tanto a través das axudas individuais como as de emerxencia social.

Entre os temas que destacaron neste encontro se atopa o retorno, xa que se está a facer un intenso esforzo de apoio aos galegos do exterior que desexan regresar a Galicia e comezar unha nova vida. Neste senso, Miranda recordou que estase xa a traballar na nova Estratexia Galicia Retorna e pediulle a súa colaboración para dala a coñecer entre os cidadáns españoles en Uruguai.