O Grupo de Emerxencias de Ribadavia atende 61 operativos en novembro

O Grupo de Emerxencias de Ribadavia informa dos 61 servizos e operativos do mes de novembro. O grupo foi solicitado en 7 accidentes de tráfico, 2 con feridos. Nun incendio urbano, 2 incendios en vehículos, e 1 extinción dunha queima agrícola/forestal.  Tamén fixeron 12 intervencións con animais soltos. Once intervencións con velutinas.

Tamén actuaron nun verquido/derrame na vía pública de aceites, combustibles e na posta a punto de sumidoiros nas zonas que a caída de follas poden ocasionar danos ou perigos para a circulación.

AVANTAR ACTIVIDADES

E colaboraron con Protección Civil en 27 operativos que van dende apoio o persoal do SERGAS nas vacinacións da gripe, e vacina de recordo Covid, e participaron no Simulacro Cepsa – Maside e na atención a confinados Covid con medicamentos.