O mes de novembro deixa unha baixada do desemprego histórica para estas datas

O paro baixou en Galicia na evolución anual e mensual no mes de novembro, ao tempo que creceron as afiliacións e a contratación indefinida. O mercado laboral continúa a súa recuperación e volve a situarse en niveis precovid-19 cun total de 152.747 persoas desempregadas, acadando unha cifra case idéntica á que había en novembro de 2007. A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, valorou os datos.

Na nosa contorna, a situación tamén é favorable. A comarca do Carballiño descende en 62 parados, ata un total de 1.391. Destaca a creación de emprego, sobre todo, no Carballiño, con 27 desempregados menos; en Maside, con 15 persoas menos no paro e en San Amaro, con 12 persoas menos. Pola contra, Beariz e Piñor estancan as súas cifras, en 29 e 45 parados respectivamente.

AVANTAR ACTIVIDADES

No Ribeiro, tamén descenden as cifras en 38 persoas, ata un total de 769 parados. Ribadavia descende en 19 persoas; Leiro baixa 9 desempregados e Cortegada baixa en sete casos. Pola contra, Castrelo de Miño incrementa os desempregados en seis persoas, e Arnoia, en catro.