O Club Aehde O Carballiño organiza o domingo o seu quinto e penúltimo evento do ano. Neste caso será na modalidade de patinaxe en liña ca celebración da segunda etapa do Circuito Open Roller Cross, unha novidosa proba auspiciada polo Comité de Freestyle da Federación Galega de Patinaxe.
O evento arrancará ás dez da mañá ata as cinco da tarde. Participarán uns 70 patinadores de clubes de toda Galicia e o Aehde tamén terá a súa pequena representación.
A cita tamén debe servir para dar un paso máis na modalidade de patinaxe en liña dentro do club, que ten moi asentada a súa estructura na patinaxe artística.