O Carballiño convoca o concurso de escaparates de Nadal para o comercio e hostalaría

O Concello do Carballiño convoca o Concurso de decoración de Nadal 2021 que ten como finalidade premiar o esforzo e o traballo que realizan os comerciantes e hostaleiros para atraer aos seus clientes. Poderán participar todos os establecementos comerciais e hostaleiros do municipio, sen limitación de número ou de espazos e sen ningunha distinción por razón da súa actividade. A inscrición formalizarase por escrito presentando a documentación na sede electrónica do Concello do Carballiño (www.carballiño.gal) ou ben de forma presencial no Rexistro Municipal e ata as 12.00 horas do día 20 de decembro de 2021.

Os premios serán para os comercios, o  1º Premio: 200 €, o 2º Premio: 150 € e o 3º Premio: 100 €. Para a hostalaría, o 1º Premio: 200 €, o 2º Premio: 150 € e o 3º Premio: 100 €.

AVANTAR ACTIVIDADES