A comarca do Carballiño rexistra hoxe 148 contaxiados. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, baixa dous contaxios, ata os 118 casos activos. Maside sobe ata os 13 casos. San Cristovo de Cea sobe ós 9 contaxios. O Irixo e Beariz contan con catro casos cada un deles. Boborás conta con tres casos activos. Piñor e San Amaro contan cun caso cada un deles. Punxín é o único libre de covid.
No Ribeiro, Ribadavia sobe un casos ata os 39 contaxiados. Carballeda de Avia sobre dous contaxios ata os 14 casos activos. Melón mantén 12 casos activos. Cenlle sobe tres contaxios ata os 7 casos. Leiro mantén seis casos. Castrelo de Miño mantén catro casos. Cortegada e Beade contan con tres casos cada un. Avión con dous casos e Arnoia con un caso.
A comunidade galega rexistra hoxe 985 contaxios, un ritmo de novos positivos que se mantén estable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 10.677. A ocupación das camas dos hospitais increméntase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 42 (+5) están en UCI e 218 (-1) en unidades de hospitalización.
A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 173 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 2.550 casos activos. Os hospitais hoxe presentan 56 (-6) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 7 (=) na UCI.