O Espiñedo acollerá a segunda ronda da Copa do Rei fronte o Valencia C.F.

Información importante a que temos hoxe. Xa sabemos onde se xogará a segunda ronda da Copa do Rei, que enfrontará ó C.D. Arenteiro ó Valencia C.F.. O encontro será o próximo xoves, día 16 de decembro, ás 19:00 horas, na casa, no campo do Espiñedo.

Este domingo, o C.D. Arenteiro xogará de novo na casa, no campo do Espiñedo, fornte o Adarve, ás 16:00 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tamén o domingo, xogará o Sporting Carballiño, tamén na casa, no campo da Uceira, ás 16:00 horas, neste caso fronte A Peroxa C.F. Tamén o domingo, xogará o Maside, neste caso no campo do Medo, fronte o Vilariño, ás 16:00 horas. O Atlético Arnoia, tamén na xornada dominical, xogará fronte o Poteareas, as 16:30 horas, no campo de Pardellas.