O sábado 11 de decembro, ás 20 h, na sede da Fundación Vicente Risco, en Allariz, terá lugar o IV concerto do VII Ciclo de Música de Cámara Petiscos musicais

Actuará Adrián País, que interpretará un repertorio variado con temas de CPE Bach, Bruno Mantovani, Benjamin Britten, Jesús torres e JS Bach.

A Fundación Vicente Risco leva desenvolvendo esta actividade desde o ano 2015 coordinada pola profesora de piano Cristina Vázquez Canal. Petiscos musicais é un ciclo anual de catro concertos, un por cada estación do ano, tendo unha gran acollida entre os amantes da música de cámara. Por causa das restriccións da Covid-19 o aforo queda limitado a 20 persoas, tendo preferencia os abonados. O prezo da entrada solta é de 12 euros. Rogamos comunicar asistencia ao enderezo electrónico secretaria@fundacionvicenterisco.com indicando nome, número de teléfono e e-mail de contacto.

AVANTAR ACTIVIDADES