Marina Ortega do grupo socialista propón medidas para solucionar as listas de espera e a cobertura no servizo de atención temperá da Xunta

O grupo socialista propón medidas para solucionar as listas de espera e a cobertura no servizo de atención temperá da Xunta, especialmente nas zonas rurais

Marina Ortega denuncia listas de espera dun ano e urxe ao goberno galego o acceso ao servizo “ao 100%” das nenas e nenos demandantes achegando máis recursos económicos e incrementando o persoal

AVANTAR ACTIVIDADES

A voceira de Política Social alerta da situación que están a vivir 24 nenas e nenos da Mancomunidade Conso Frieiras onde quedan sen servizo durante sete meses ao ano

A voceira de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, propuxo hoxe medidas para solucionar as listas de espera e a cobertura no servizo de Atención Temperá da Xunta, especialmente nas zonas rurais, logo de denunciar esperas dun ano neste servizo. Fíxoo, hoxe, a través da presentación dunha batería de iniciativas no Parlamento.

“O feito de que as listas de agarda demoren o acceso dunha persoa menor ao servizo de atención temperá pode supor un detrimento na súa propia saúde, nas facultades e no desenvolvemento desta ou deste menor nun momento vital e clave para o seu desenvolvemento”, alertou a dirixente socialista logo de lembrar que Galicia se atopa “á cola” cando “é a comunidade autónoma que menos inviste por habitante en situación de dependencia de toda España”.

Os problemas no servizo de atención temperá, lamentou, agrávanse nas zonas rurais, o que implica “unha vulneración da igualdade de oportunidades”, como ocorre, exemplificou, na Mancomunidade Conso Frieiras, que engloba os concellos de A Gudiña, Viana do Bolo, Vilariño de Conxo, Riós, A Mezquita e Manzaneda, onde as e os menores quedan directamente sen servizo de Atención Temperá durante sete meses o ano.

“Isto é intolerable”, subliñou a socialista, xa que obriga a 24 nenas e nenos e as súas familias a desprazarse ata Ourense ou pagar os servizos nunha clínica privada “para non perder anos fundamentais” para o desenvolvemento das e dos menores. “É preocupante que algunhas familias mesmo suspenden os tratamentos pola falla de recursos”, alertou.

A atención temperá refírese ao conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e a súa contorna que teñen como obxectivo dar resposta, o antes posible, ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan as nenas e nenos con trastornos no desenvolvemento ou con risco de padecelos.

PRETO DE 2.000 NENAS E NENOS MENORES DE 6 ANOS TEÑEN UN GRAO DE DISCAPACIDADE RECOÑECIDO

Ao fío disto, a deputada socialista lembrou que en Galicia hai preto de 2.000 nenas e nenos menores de 6 anos que contan cun grao de discapacidade recoñecido, o cal “dá mostra da necesidade e demanda social que este recurso xera na poboación e sempre tendo en conta que existe unha gran maioría de menores de seis anos que non conta cunha diagnose nin grao recoñecido”.

Por todo isto, Otero pediu á Xunta que deseñe, en colaboración coa FEGAMP, as estruturas necesarias que permitan o asentamento dos servizos de atención temperá “con carácter permanente e co persoal axeitado”, dotando ao programa de “recursos fixos e propios”, adaptando os recursos á poboación diana e ampliando progresivamente o apoio financeiro para garantir o acceso ao servizo “ao 100%” das nenas e nenos demandantes do mesmo.


Pregunta para a súa resposta oral en Pleno.

Marina Ortega Otero, Julio Torrado Quintela e Juan Carlos Francisco
Rivera, deputada e deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario dos
Socialistas de Galicia e ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da
Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte Pregunta para a súa resposta oral
en Pleno.
A atención temperá refírese ao conxunto de intervencións dirixidas á poboación
infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, que ten por obxectivo dar
resposta, o antes posible, ás necesidades transitorias ou permanentes que
presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de
padecelos.
Trátase dun recurso fundamental para poder previr un déficit no
desenvolvemento e tamén para tratalo, polo que a saúde da parte da poboación
galega infantil afectada depende en gran medida deste recurso.
Preto de 2000 menores de 6 anos en Galicia xa contan cun grao de
discapacidade recoñecido, o cal da mostra da magnitude da necesidade e
demanda social que este recurso xera na poboación, tendo en conta que existe
unha gran maioría de menores de seis anos que non contan cunha diagnose nin
grao recoñecido.
En Galicia os tempos de espera en atención temperá son de incluso un ano,
segundo as propias familias. Tendo en conta o tipo de poboación susceptible de
ser usuaria, menores de 0 a 6 anos, nos que hai que sinalar que o interese
superior do menor se está a vulnerar ao non dotar de medios a un recurso que ten
que ser de uso inmediato unha vez se prescribe polo facultativo ou se solicita a
través das familias. Xa que, o feito de que as listas de espera demoren o acceso
do menor ao servizo pode supoñer un detrimento na propia saúde, nas facultades
ou desenvolvemento de dito menor.
Galicia é a comunidade autónoma que menos inviste por habitante
potencialmente en situación de dependencia de toda España, polo que é
importante que o Goberno galego incremente esforzos para que, neste caso
menores con dificultades, gasten todas as oportunidades dispoñibles ata
optimizar ao máximo a súa saúde e as propias capacidades.

Ademais este feito agrávase nas zonas rurais, onde vulnérase a igualdade de
oportunidades. Como exemplo disto, fai uns días alertábase dende a
Mancomunidade Conso Frieiras, de que os e as menores quedan sen servizo de
atención temperá durante 7 meses ao ano. Polo que é preciso estudar este tipo de
cuestións e así elaborar unha estratexia de planificación en función da poboación
diana. Ademais é fundamental proporcionar unha estabilidade no tempo máis
longa ao propio servizo, para evitar a inseguridade no funcionamento do mesmo.
Polo exposto, a deputada e deputado asinantes formulan a seguinte pregunta:
Considera a Xunta importante deseñar unha estratexia de estabilidade
económica e funcional para o servizo de atención temperá?


Proposición non de lei

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da súa
deputada e dos seus deputados, Marina Ortega Otero, Julio Torrado
Quintela e Juan Carlos Francisco Rivera, a través do seu portavoz, e ao
abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa
Mesa a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión 5.ª,
Sanidade, Política Social e Emprego.
Exposición de motivos
A atención temperá refírese ao conxunto de intervencións dirixidas á poboación
infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, que ten por obxectivo dar
resposta, o antes posible, ás necesidades transitorias ou permanentes que
presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de
padecelos.
Trátase dun recurso fundamental para poder previr un déficit no
desenvolvemento e tamén para tratalo, polo que a saúde da parte da poboación
galega infantil afectada depende en gran medida deste recurso.
Preto de 2000 menores de 6 anos en Galicia xa contan cun grao de
discapacidade recoñecido, o cal da mostra da magnitude da necesidade e
demanda social que este recurso xera na poboación, tendo en conta que existe
unha gran maioría de menores de seis anos que non contan cunha diagnose nin
grao recoñecido.
En Galicia os tempos de espera en atención temperá son de incluso un ano,
segundo as propias familias. Tendo en conta o tipo de poboación susceptible de
ser usuaria, menores de 0 a 6 anos, nos que hai que sinalar que o interese
superior do menor se está a vulnerar ao non dotar de medios a un recurso que ten
que ser de uso inmediato unha vez se prescribe polo facultativo ou se solicita a
través das familias. Xa que, o feito de que as listas de espera demoren o acceso
do menor ao servizo pode supoñer un detrimento na propia saúde, nas facultades
ou desenvolvemento de dito menor.
Galicia é a comunidade autónoma que menos inviste por habitante
potencialmente en situación de dependencia de toda España, polo que é
importante que o Goberno galego incremente esforzos para que, neste caso

menores con dificultades, gasten todas as oportunidades dispoñibles ata
optimizar ao máximo a súa saúde e as propias capacidades.
Ademais este feito agrávase nas zonas rurais, onde vulnérase a igualdade de
oportunidades. Como exemplo disto, fai uns días alertábase dende a
Mancomunidade Conso Frieiras, de que os e as menores quedan sen servizo de
atención temperá durante 7 meses ao ano. Polo que é preciso estudar este tipo de
cuestións e así elaborar unha estratexia de planificación en función da poboación
diana. Ademais é fundamental proporcionar unha estabilidade no tempo máis
longa ao propio servizo, para evitar a inseguridade no funcionamento do mesmo.
Polo exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a
seguinte Proposición non de lei:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a deseñar, en colaboración
coa FEGAMP, as estruturas necesarias que permitan o asentamento dos servizos
de atención temperá con carácter permanente e co persoal axeitado, dotando ao
programa de recursos fixos e propios e non eventuais; adaptando os recursos á
poboación diana e ampliando progresivamente este apoio financeiro, co fin de
garantir que o 100 % da poboación galega demandante teña acceso a dito
servizo.