Na defensa das montañas, Eólica Así Non!

ASUNTO: Mobilizacións 11D “Na Defensa das Montañas. Eólica Así Non”.

CONVOCA: Coordinadora “Eólica así non”, formada por máis de 170 entidades galegas.

AVANTAR ACTIVIDADES

CANDO: Mañá, sábado 11 de decembro, Día Internacional das Montañas.

LUGARES E HORAS: 22 localidades galegas (ver cartaz na seguinte ligazón): https://bit.ly/3cPKYst 

A Coordinadora “Eólica así non” convoca aos medios de comunicación a cubrir as mobilizacións de mañá, sábado, 11 de decembro, que se celebrarán en toda Galiza con motivo do Día Internacional das Montañas, para reivindicar a defensa das montañas galegas fronte a invasión eólica, reclamar unha vez máis unha moratoria eólica real e efectiva de todos os proxectos eólicos en tramitación e unha nova planificación eólica máis xusta, sustentábel e respectuosa co medio e coas persoas que viven no rural, fundamentada nun modelo enerxético diferente que non poña en risco o futuro do noso territorio.Apegamos o cartaz coa lista das mobilizacións (lugares e horas) que están previstas para mañá en 22 localidades galegas.