O Delegado da Xunta asiste á inauguración da exposición ‘circular labs–promovendo o espírito empresarial para a economía circular’

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiu esta mañá á inauguración da exposición Circular Labs–Promovendo o espírito empresarial para a economía circular que se levou a cabo na sede da Confederación de Empresarios de Ourense.

Trátase dunha mostra itinerante, promovida polo Inorde no marco do proxecto transfronterizo INTERREG-POCTEP; unha iniciativa que comezou en Valladolid e tras percorrer as diferentes cidades dos socios que integran este proxecto, hoxe chega a Ourense como última sede desta itinerancia expositiva, e estará aquí durante dez días.

AVANTAR ACTIVIDADES

A exposición está formada por dous bloques temáticos: un sobre Boas Prácticas en Economía Circular no que participan 14 empresas que a integraron no seu negocio; e outro apartado está dedicado ao up-cycling no que se atopan os produtos que foron transformados de acordo ao modelo de economía circular por 18 empresas e asociacións que, botando man da súa creatividade, foron capaces de adaptar os seus produtos.