Ribadavia estreará unha zona de hora azul gratuíta na rúa Progreso

O Concello entende que diante dos problemas de tráfico que existen en Ribadavia desde fai moito tempo é preciso intentar solucións. Esta iniciativa ven da man dunha proposta feita polo voceiro do goberno municipal de Ribadavia. A medida intentará atender unha demanda dos comerciantes desta zona, onde é moi difícil aparcar. Foi aprobada no Pleno sen ningún voto en contra.  

AVANTAR ACTIVIDADES

Crearase na rúa Progreso, desde o cruce coa rúa Ribeiro ata o cruce coa rúa Carlos Casares (inicio da Alameda), unicamente na marxe dereita, subindo dirección Vigo.

Desde o Concello comezarase esta semana a repartir discos da hora azul en todos os comercios e locais de hostalaría da rúa Progreso, para facilitar a súa distribución entre veciños e visitantes de Ribadavia.

Para aparcar neste tramo de hora azul, as persoas poderán recoller os discos nos locais comerciais e na Casa do Concello.
O estacionamento será gratuíto, o horario máximo será de 1 hora e 30 minutos, e funcionará en horario comercial de luns a venres de 9h a 13.30h e 16h a 20h., e Sábados de 10h a 13.30h. O resto de días e horas será coma sempre.
Así mesmo, os veciños residentes da rúa Progreso tamén terán dispoñibles para estacionar a rúa Rego de Auga e Praza Porta da Vila- San Martín, como zona de estacionamento veciñal.

É o mesmo sistema que funciona en varias vilas galegas, e aínda que as veces de inicio pode suscitar dúbidas da veciñanza, a experiencia destes municipios é moi positiva, axudando moito á mobilidade do trafico e do aparcamento.

O Concello levará a cabo durante todo o mes un Plan Piloto para ensaiar o seu uso, promocionando e explicando o seu funcionamento, sen aplicar ningún réxime de sanción. Xusto nestas datas cando maior afluencia temos no comercio é a mellor época para poñelo en marcha.

De funcionar e ter boa acollida, o Concello quere mantelo activo despois do Nadal.