A corporación debaterá mañá as ordenanzas fiscais para o próximo ano

IES CHAMOSO LAMAS

Mañá, o concello do Carballiño celebrará unha nova sesión plenaria, que dará comezo ás 09:15 horas e que poderá seguirse en directo a través da páxina web de Badal Tv. Este pleno ten como punto principal a aprobación das ordenanzas fiscais para o próximo ano, un punto que conta con toda a oposición en contra.

Espazo Común presentou un total de 36 alegación, algunhas con propostas a ter en conta relacionadas por exemplo ca recollida do lixo no rural. Por terceira vez consecutiva o BNG do Carballiño presentará unha alegación ante o pleno municipal  para que se modifique e se adapte á realidade actualo prezo público para a prestación do servizo de conciliación da vida familiar, persoal e laboral. O alcalde en funcións, Manuel Dacal, asegura que algunhas das alegacións feitas serán tidas en conta.

Espazo Común e o BNG rexeitan a suba de taxas. O Grupo Popular asegura que de non retirar esta suba que consideran ilegal do 2,7% das taxas e prezos públicos, estudará acudir aos tribunais para obrigar o Grupo de Goberno a cumprir a lei.

Ademais, irán dúas mocións de urxencia de Espazo Común. Nunha delas piden a elaboración dun inventario de bens municipais e outra moción na que piden que se respecten as leis de transparencia nas contratacións do concello.