O BNG pide información clara e campañas de concienciación sobre as agresións sexuais con submisión química

Diante do anuncio do novo protocolo do CHUO, “calquera intento de mellorar a atención é benvido , pero é necesario que se acompañe de información clara sobre una situación e campañas dirixidas tanto a potenciais agresores como vítimas”

O BNG pide tamén garantir formación para as e os profesionais, seguimento e avaliación do protocolo e que se poida analizar en Ourense calquera substancia das empregadas para este tipo de agresións

AVANTAR ACTIVIDADES

Noa Presas e Iago Tabarés, deputados nacionalistas por Ourense, rexistraron iniciativas no Parlamento Galego respecto do protocolo anunciado nos medios de comunicación respecto dos casos de intoxicacións con burundanga e outras substancias no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e ás actuacioness complementarias que debe impulsar a Xunta de Galiza.

Noa Presas afirmou que “calquera paso para mellorar a atención ten que ser benvido, mais sorprende que este anuncio se faga a través de dos medios e sen dar información oficial clara sobre o aumento de casos, xa que isto pode xerar alarmismo e ademais unha vitimización das Precisamos que o novo protocolo se acompañe de información clara por parte de las autoridades.

Así mesmo, Presas insiste en que “é necesario que estas medidas se acompañen tanto de programas de formación específicos nas institucioness (sanitarias, policiais …) que deben atender los casos como de campañas de concienciación e educación na sociedade galega, especialmente nos centros educativos. Campañas que fuxan do alarmismo, informen con claridade á sociedade e procuren a concienciación sobre esta violencia en potenciais vítimas e potenciais agresores. “

O BNG tamén propón que “se impulsen as actuacións de coordinación interinstitucional necesario para facer seguimento e avaliación do protocolo iniciado no CHUO respecto das agresións sexuais con submisión química de cara a poder melloralo globalmente no marco das actuacioness orientadas á atención á violencia sexual e estendelo a outros centros sanitarios “.

A formación nacionalista tamén amosa a súa “preocupación respecto de que en Ourense non se conte cos materiais necesarios para analizar substancias como a ketamina e pide que se incrementen os recursos para mellorar a atención destes casos.”

Convida a escoitar ao feminismo de base e atallar as carencias na atención á violencia sexual

Presas recordou a necesidade de que goberno central e galego ” escoit en as demandas do feminismo de base que en Ourense levan tempo facendo unha intensa campaña sobre as carencias no ámbito da xustiza ou no Concello de Ourense” ea necesidade de que se difundan claramente os recursos existentes diante de agresiones sexuais ao seren recoñecidas pola lei galega como violencia machista.