Arranca a vacinación dos nenos entre os 5 e os 11 anos en Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A vacinación dos menores de 11 anos comezou hoxe con preto de 15.000 citados en toda Galicia, e estenderase ata o sábado, cando se dispensarán as 60.000 doses que onte recibiu Galicia.

Está chamada a poboación de 11, 10 e parte dos de 9 anos. As citas serán por SMS e pode consultarse na app do Sergas Móbil.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A vacinación realizarase principalmente en horario de tarde, entre as 15:00 e as 21:00 horas, para evitar coincidir co horario lectivo. O sábado pódese vacinar durante todo o día. Principalmente nos puntos de vacinación masiva, aínda que os nenos inmunodeprimidos serán citados aos hospitais.

Os menores de idade deberán ir acompañados e, ademais, asinar un consentimento informado polo pai, a nai ou o titor legal, que se pode descargar dende o enlace que se remite coa cita ou aquí. Para facer esta vacinación máis levadeira e responder a todas as dudas houbo sorpresas nesta xornada.