O Carballiño recupera a tendencia á baixa, descendendo ós 105 contaxios activos

A comarca do Carballiño rexistra hoxe 150 contaxiados. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, baixa hoxe cinco casos ata os 105 casos activos. Maside sobe de novo ata os 19 casos. San Cristovo de Cea mantén os 9 contaxios. Beariz conta con 6 contaxios e Boborás ata os 4 casos. O Irixo baixa ata os 3 casos. San Amaro sobe ós 2 casos. Piñor e Punxín contan cun caso activo cada un.

No Ribeiro, Ribadavia sobe ós 45 contaxiados. Carballeda de Avia mantén os 23 casos activos. Melón baixa ós 12 casos activos. Cenlle sobe ós 9 casos. Leiro sobe ós dez casos. Castrelo de Miño sobe ós seis casos. Cortegada mantén catro casos. Avión sobe ata os cinco contaxios e Beade contan con dous casos. Arnoia conta cun caso.

AVANTAR ACTIVIDADES

A comunidade galega rexistra hoxe 1.131 contaxios, un ritmo de novos positivos que ascende notablemente de novo. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 13.331. A ocupación das camas dos hospitais equilíbrase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 53 (+1) están en UCI e 218 (-23) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 160 contaxios novos, un incremento de novo, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 2.783 casos activos. Os hospitais hoxe presentan 56 (=) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 4 (-1)  na UCI.