A música étnica de Carlos Blanco, no Centro Cultural Marcos Valcárcel

Organizado polo  Obradoiro de Instrumentos da Deputación de Ourense, o Centro Cultural Marcos Valcárcel foi escenario esta tarde dun concerto de música étnica a cargo do compositor e investigador Carlos Blanco, que ofreceu ao público unha actividade de carácter didáctico. Cun entretido programa, o concerto incluíu senllas lecturas dos seus libros Reflexións á beira do camiño e O sorriso oculto da música; unha demostración sonora de instrumentos musicais exóticos; a interpretación da canción Galego, dedicada á emigración dos seus antepasados galegos; para rematar coa participación do público, onde a través dun innovador sistema de guía e mailo uso de instrumentos especiais os asistentes puideron interpretar coñecidas cancións.