Deputación e Fundación Araguaney ofrecen en Ourense o mellor cine árabe da actualidade cun novo ciclo de “Amal en Ruta”

Ás - 11.00 horas: Presentación do ciclo de cine “Amal en Ruta Ourense 2021”.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participa na presentación do ciclo de cine euroárabe “Amal en Ruta Ourense 2021”, tamén asisiten Ghaleb Jaber Ibrahim (organizador do ciclo) e Manel Rodríguez (Directivo do Cine Clube Padre Feijoo) . Lugar: sala de prensa. Só gráficos. O acto poderá seguirse a través da web da Deputación.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto ao presidente de honra da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber, e o directivo do Cineclub Padre Feijóo, Manuel Rodríguez, presentaron hoxe no Pazo Provincial o ciclo de cinema euroárabe “Amal en ruta Ourense 2021”, que do 15 ao 19 do presente mes proxectará na Casa da Cultura da capital tres ficcións e dous documentais nun percorrido polo mellor cine árabe da actualidade.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Baltar destacou a aposta da Deputación “por unha iniciativa na que poderemos ver varias producións que nos falan de diversas temáticas e nos invitan a seguir reflexionando sobre a vida e os conflitos que sofren noutros países, agravados hoxe pola pandemia que todos sufrimos”.

Esta nova edición do ciclo de cinema euroárabe, dixo, “consolida unha tripla alianza de colaboración que alcanza o seu quinto ano, nunha andaina que seguiremos facendo”, destacando o cancelo usado para esta ocasión, #CulturaConForza, “porque se algo somos é cultura, que nos dá a nosa identidade, e a cultura é precisamente un dos piares máis importantes desta Deputación”.

Tamén á cultura referiuse Ghaleb Jaber, sinalando que con Amal, que significa esperanza, “imos seguir achegando a Ourense outras formas de vivir a través do cine de autor, do cine con causas e ficcionado con historias reais”.

Ás – 11.00 horas: Presentación do ciclo de cine “Amal en Ruta Ourense 2021”.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participa na presentación do ciclo de cine euroárabe “Amal en Ruta Ourense 2021”, tamén asisiten Ghaleb Jaber Ibrahim (organizador do ciclo) e Manel Rodríguez (Directivo do Cine Clube Padre Feijoo) . Lugar: sala de prensa. Só gráficos. O acto poderá seguirse a través da web da Deputación.

Manuel Rodríguez reafirmou pola súa banda a colaboración do Cineclub Padre Feijóo “para dar a coñecer cinematografías que teñen difícil difusión, nunha experiencia que aporta información real ao público”.

Con aforo limitado y de carácter gratuíto, o ciclo “Amal en Ruta Ourense 2021” ofrece nesta edición cinco películas, en versión orixinal subtitulada, que reflicten unha visión ampla da cultura árabe. O mércores, día 15, proxectarase Adam, que relata a historia de superación dunha muller onde a comunidade lle sirve de protección. O xoves, 16, será a quenda de For Sama, a historia dunha moza siria que ten un fillo durante a guerra. It must be heaven é o título da cinta que se proxectará o venres, 17, dirixida por un dos máximos expoñentes do cinema palestino, Elia Suleiman, con cintas cheas de retranca ao máis puro estilo galego. Os días 18 e 19 proxectaranse os documentais, o primeiro deles Gaza, sobre a vida cotiá dos cidadáns neste enclave, e o segundo Tel Aviv on Fire sobre o conflito árabe israelí.