O Carballiño mantén o descenso de casos, baixando hoxe ata os 102 contaxios activos

Publicidade ASPADISI

A comarca do Carballiño rexistra hoxe 147 contaxiados. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, baixa hoxe tres casos ata os 102 casos activos. Maside sobe de novo ata os 20 casos. San Cristovo de Cea mantén os 9 contaxios. Beariz conta con 6 contaxios e Boborás ata os 4 casos. O Irixo baixa ata os 3 casos. San Amaro sobe ós 4 casos. Punxín sobe ós 4 casos e Piñor conta cun caso activo.

No Ribeiro, Ribadavia baixa ós 44 contaxiados. Carballeda de Avia sobe ós 27 casos activos. Melón sobe ós 15 casos activos. Cenlle mantén 9 casos. Leiro mantén dez casos. Castrelo de Miño mantén seis casos. Cortegada baixa ós tres casos. Avión mantén os cinco contaxios e Beade contan con dous casos. Arnoia conta cun caso.

HIPER MASIDE

A comunidade galega rexistra hoxe 1.216 contaxios, un ritmo de novos positivos que presenta a maior cifra desta sexta vaga. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 13.835. A ocupación das camas dos hospitais equilíbrase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 49 (-4) están en UCI e 227 (+9) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 184 contaxios novos, un incremento de novo, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 2.755 casos activos. Os hospitais hoxe presentan 56 (=) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 5 (+1)  na UCI.