A Xunta destina máis de 260.000 euros á rehabilitación da casa grande de Viloira

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse esta mañá ata o Barco de Valdeorras para presentar o proxecto de reforma da Casa Grande de Viloira na que o Goberno galego ten previsto investir 260.901,39 euros.

O delegado territorial explicou que as actuacións previstas contemplan a restauración da fachada cun novo enfoscado de cal hidráulica vista, a restauración e consolidación da pedra vista e o saneamento da carpintería de madeira e forxa.

AVANTAR ACTIVIDADES

As obras tamén abarcarán a rehabilitación dos dous pórticos, sinalou Gabriel Alén, onde se aplicará un novo  enfoscado de cal hidráulica e se saneará a carpintería de madeira no pórtico sur, e o saneado da pedra vista e os elementos de forxa no pórtico este. Así mesmo actuarase na cuberta coa limpeza de canles e baixante, o acomodo das pizarras e a reparación de limas e canles ocultos de chumbo.

O seu uso actual é aloxar diferentes servizos da Xunta de Galicia tal como dependencias da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, entre eles o Rexistro da Xunta de Galicia;  servizos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; a Consellería de Emprego e Igualdade; a Consellería do Medio Rural coa Oficina Agraria Comarcal; os Servizos de Inspección de Saúde Pública da Consellería de Sanidade; o Instituto de Estudos Valdeorreses que contan cunhas oficinas, unha biblioteca e un salón de actos, que tamén usa o concello do Barco de Valdeorras para actos culturais.

O delegado territorial puxo en valor esta iniciativa da Xunta, pois segundo dixo “mantemos a liña de mellora dos servizos administrativos da Administración autonómica  nunha comarca estratéxica como é Valdeorras e ao mesmo tempo estamos a preservar un dos edificios senlleiros da provincia e de Galicia vinculado á historia desta contorna, ás súas xentes e á súa cultura”.

A Casa Grande de Viloira

O edificio, que data de 1.637 e  que pasou a ser propiedade da Xunta de Galicia en 1.993, foi rehabilitado en 1.996. Conta cunha superficie de fachadas de 1.050 metros cadrados, de 300 metros cadrados de carpinterías e 100 metros cadrados de forxa en fachada. A superficie de cuberta de pizarra é de 1.360 metros cadrados.

A casa grande esta construída en pedra, utiliza muros de cachotaría integrada principalmente por lousa; tratase dunha gran edificación señorial. Segue un esquema rectangular. A casa grande foi construída no século XVII no ano 1637, naquela época era casa de Elena Quiroga.

Elena Quiroga foi unha novelista española. Naceu no seno dunha familia acomodada xa que era filla dos condes de San Martín de Quiroga. Elena Quiroga viviu na casa grande ata que se casou co historiador Dalmiro de Válgoma e se foron para Madrid en 1950.

A súa estrutura  está definida por dous patios interiores. Un deles, o máis grande ,está rodeado por unha galería pechada, no centro hai unha fonte de pedra caliza rosada. No patio máis pequeno hai unha capela. A entrada principal do edificio emprázase na Praza de Otero Pedraio, principalmente peonil e unha das prazas máis atractivas do municipio, sobre todo durante os meses de verán. Na parte de atrás ten un xardín moi grande que actualmente é un parque infantil e hai outro para persoas maiores.