Este domingo, terá lugar a XII carreira solidaria do Arenteiro

IES CHAMOSO LAMAS

Este próximo domingo, día 19, terá lugar a XII Carreira Solidaria do Arenteiro, a partir das 11:00 horas da mañá, con saída e chegada á igrexa da Veracruz.

A concelleira de deportes, Silvia Baranda, estivo na presentación do evento, recordando o esforzo do Club de Atletismo Arenteiro e Kórpore Arenteiro Trail para levar a cabo esta carreira e destacou a súa finalidade solidaria, animando a todos a colaborar con Cáritas.

HIPER MASIDE

Dende o Club de Atletismo Arenteiro, explicaron como transcorrerá a xornada, cun límite de 300 inscritos na categoría absoluta. Ademais, o tráfico rodado quedará cortado no centro urbán dende as 09:30 horas.