O Bono Comercio “Carballiño contigo” reactivará 1.520 tarxetas os días 22 e 23 de decembro

Tras asinar un novo convenio de colaboración entre a Área de Promoción Económica do Concello de O Carballiño e a Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto, o programa de tarxetas bono “O Carballiño Contigo” volve a reactivarse neste final de ano.

Para esta ocasión, contamos cun importe de 40.000 € e non se distribuirán tarxetas novas; recargaranse cun importe de 25€ que agasalla o Concello e outros 25€ que aporta o cliente; tendo así un valor total de 50€ para consumir nos máis de 160 establecementos que están adheridos á campaña e tendo así un gran impacto para a economía da vila.

AVANTAR ACTIVIDADES

Reactivaranse un total de 1520 tarxetas para consumir ata o 31 de decembro de 2021, data en que caducan as tarxetas actuáis.

As datas para efectuar dita recarga serán o días 22 e 23 de decembro desde a caseta de turismo en horario de 10h a 14h e de 16h a 21h.

Para poder facer a recarga das súas tarxetas, os clientes teñen que presentar de maneira presencial o seu DNI orixinal ou Tarxeta de Residente orixinal e así poderán reactivar dúas tarxetas por persoa.

Desde a directiva da Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto, valoramos de maneira moi positiva que finalmente se puidera levar a cabo esta nova campaña; xa que sendo conscientes de que a última entrega de tarxetas bono foi no mes de novembro, sabiamos que conseguir sacar a rúa outra remesa de reactivación para este mes de decembro non sería doado debido ao cumplimento dos trámites administrativos que supón o desarrollo da mesma.

Esperando que ainda que son poucos os días para que os clientes fagan uso das súas tarxetas, desexamos que sexa un incentivo máis para mercar nos negocios locais e favorecer á economía da vila.