Lotería de Nacional de Nadal 2021: repasa os números premiados

Hoxe tivo lugar o ansiado sorteo da Lotería de Nadal, dende o Teatro Real de Madrid e que reúne a todo o país diante da televisión á espera de que o bombo reparta sorte.

O Gordo saía hoxe ás 12:12 horas, mantendo a mesma liña co ano pasado.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este ano, Loterías e Apostas do Estado repartiu 2.408 millóns de euros no Sorteo Extraordinario da Lotería de Nadal. Cada premio outórgase á serie, polo que para saber canto lle corresponde a cada décimo hai que dividir o seu importe entre 10. Fademos un repaso polos números premiados.

El Gordo (86.148), saíu ás 12:12 horas: 400.000 euros ao décimo ou 20.000 euros por euro xogado.

Segundo premio (72.119): 125.000 euros ao décimo ou 6.250 euros por euro xogado.

Terceiro premio (19.517): 50.000 euros ao décimo ou 2.500 euros por euro xogado.

Dous cuartos premios (42.833 | 91.179): 20.000 euros ao décimo ou 1.000 euros por euro xogado.

Oito quintos premios (92.052 | 70.316 | 26.711 | 24.198 | 69.457 | 89053 | 34345 | 89109): 6.000 euros ao décimo ou 300 euros por cada euro xogado.