Mañá, ás 13:00 horas, a Praza de Abastos sortea dez cestas de Nadal

IES CHAMOSO LAMAS

A campaña “Ilusiónate co Nadal na Praza de Abastos” é a aposta da Praza da Abastos do Carballiño para estas datas e remata mañá. Por iso animamos a todos a que apuren as últimas horas. Esta iniciativa está enfocada a potenciar as ventas de produtos frescos, co premio de entrar no sorteo de dez cestas de Nadal, todas con produtos do comercio local, e caixas de viño Pazo Tizón. Estas datas son unha época importante de vendas, sobre todo tendo en conta a variedade de produtos do mar e cárnicos.

Con cada compra entregarase un papel no que deberán deixar os seus datos; estes papeis serán depositados en varias furnas, que se abrirán o día do sorteo. O sorteo celebrarase mañá, día 23 de decembro, ás 13:00 horas.

HIPER MASIDE