O cine de Leiro trae para este Nadal “West Side Story”

Publicidade ASPADISI

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira para estas datas de Nadal, e faino ca estrea do filme “West Side Story”. Dous adolescentes de diferentes orixes étnicas namóranse na cidade de Nova York dos anos 50. Trátase dunha nova versión do mítico musical West Side Story sobre o enfrontamento entre dúas bandas de rúa de Nova York, adaptado dunha famosa obra de Broadway.

O filme poderase ver este venres, sábado e domingo e o luns, martes e mércores próximos, en sesións ás 17.00 horas e ás 20:00 horas. Ademais, esixirase o certificado de vacinación para poder acceder.

HIPER MASIDE