O concello de San Cibrao das Viñas celebra o seu último pleno extraordinario do ano coa aprobación dos presupostos de 2022

Aprobado o orzamento para o ano 2022 que ascende a 6.013.130 euros, 62.889 euros máis que o orzamento do ano 2021, na senda de crecemento dos últimos anos.
● “Aprobamos uns bos orzamentos para o próximo ano, no que imos seguir apostando polos servizos sociais, a cultura, o deporte e por dar resposta ás necesidades dos veciños”, asegura o alcalde, Pedro Fernandez.
● Aprobación provisional do proxecto de modificación puntual N4 do PXOM no ámbito do Polígono industrial para incorporación de novos usos.
● Aprobación do proxecto de expropiación de taxación dos terreos necesarios para a execución do Plan especial de infraestructuras e dotacións do polígono P6 da AR6 no núcleo de Reboredo.
San Cibrao das Viñas, 23 de decembro 2021
O Concello de San Cibrao das Viñas acaba de aprobar no Pleno extraordinario, celebrado esta mañá, os presupostos de 2022.

“Acabamos de aprobar uns orzamentos realizas para o próximo ano, no que imos seguir apostando polos servizos sociais, a cultura, o deporte e por dar resposta ás necesidades dos veciños”, asegura o alcalde Pedro Fernández.
Durante o pleno extraordinario celebrado hoxe, aprobaronse os seguintes asuntos:
1.ORZAMENTO CONCELLO SAN CIBRAO DAS VIÑAS 2022
RESUMEN VOTACIÓN:
10 VOTOS A FAVOR Do grupo de goberno do PP
3 VOTOS EN CONTRA do grupo da oposición PSOE
O Orzamento xeral do Concello de San Cibrao das Viñas para o ano 2022 presentase equilibrado e cumpre coa estabilidade orzamentaria.
O importe do orzamento ascende a 6.013.130,00 €, 62.889€
máis que o orzamento do ano 2021, na senda de crecemento
dos últimos anos.
Tratase dun orzmento realista que se constrúe partindo dunha previsión prudente dos ingresos, tendo en conta a merma nalgúns conceptos derivada dos efectos que sigue a xerar a pandemia provocada pola COVID-19 e que contemplan as dotacións orzamentarias axeitadas e suficientes para facer fronte aos gastos necesarios para o axeitado funcionamento dos servizos municipais as inversións que mellorarán a calidade de vida dos veciños do municipio de San Cibrao das Viñas tendo en conta o control do gasto público, a búsqueda da eficiencia e a eficacia na xestión municipal.
O obxectivo da corporación municipal é que este Concello sexa unha administración que atenda a todas as decisión veciñais, atendendo os principios da boa xestión e solvencia, sen endeudamento e que se rixe polo equilibrio presupuestario.
O orzamento municipal para o ano 2022, continúa a súa aposta pola
mellora dos servizos sociais, pola cultura e o deporte onde se
seguirán a facer inversións nas súas infraestructuras o que
provocará un incremento do 9%.
Tamén se seguirá mellorando a humanización dos distintos pobos do
Concello, ao igual que o medioambiente.
A inversión realizada neste ano 2021 de substitución de lud LED de
todo o municipio permitirá rebaixar un 2,3% a factura da luz de todo
o Concello, contando por suposto co elevado prezo da luz que se
prevé que continue durante todo o ano 2022.

  1. APROBACIÓN PROVISIONAL DO PROXECTO DE MODIFICACIÓN
    PUNTUAL N4 DO PXOM NO ÁMBITO POLIGONO INDUSTRIAL
    PARA INCORPORACIÓN DE NOVOS USOS.
    Aprobado por unanimidade.
    Nos últimos tempos tanto o Concello coma a Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas detectaron problemas e incidencias na aplicación da normativa urbanística e de usos vixente nesta área empresarial o maior motor económico da área urbana de Ourense que limitan ou condicionan a eficiencia do uso deste solo empresarial, sobre todo no tocante ao uso loxístico, só reservado ata o de agora para a Cidade de Transporte.
    Debido a que agora mesmo o solo da Cidade do Transporte está
    esgotado, quedando tan só unha parcela, o Concello vese na obriga
    de ampliar o uso loxístico ao solo disposto no Polígono industrial de
    San Cibrao das Viñas.
    Nesta modificación aprobada provisonalmente hoxe no pleno do
    Concello, inclúese tamén a ampliación de certos usos de
    espectáculos e recreativos que na actualidade son moi comúns nas
    áreas empresariais como poden ser os parques multiocio (camas
    elásticas, tirolinas, salto libre, escalada, escape room, paintbal, etc),
    centros de ocio infantil, etc.
  2. APROBACIÓN PROXECTO DE EXPROPIACIÓN DE TAXACIÓN
    DOS TERREOS NECESARIOS PARA A EXECUCIÓN DO PLAN
    ESPECIAL DE INFRAESTRUCTURAS E DOTACIÓNS DO
    POLIGONO P6 DA AR6 DO NUCLEO DE REBOREDO
    Aprobado con 10 VOTOS A FAVOR do grupo de goberno do PP.
    Continúa adiante a tramitación do Plan Especial de infraestructuras e dotacións do núcleo de Reboredo, neste caso coa aprobación do proxecto de expropiación por procedimiento de expropiación conxunta para levar a cabo a obtención dos terreos.
    Este proxecto de expropiación de terreos, tras a súa aprobación será
    remitido a Deputación Provincial de Ourense que será a administración que realice a tramitación do expediente expropiatorio necesario para a execución das infraestructuras programadas nestes case 30.000m² de terreos.
    A idea é que o pagamento dos terreos aos propietarios se produza nos primeiros meses do ano, a través da Deputación de Ourense.
    Imaxen da área da proposta de ordenación das edificacións no ámbito AR-6 de Reboredo.