Galicia supera os 2.500 contaxios nas últimas 24 horas, mentres que Ourense sofre un leve repunte.

A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, sobe once casos hoxe ata os 119 casos activos. Maside sobe de novo ata os 27 casos. San Amaro sobe ós 8 casos activos, igual ca Boborás. San Cristovo de Cea baixa ós 7 contaxios. Beariz conta con 6 casos. O Irixo conta cun caso. Piñor é o único libre de covid.

No Ribeiro, Ribadavia baixa ós 40 casos activos; Melón presenta 19 contaxios, e Carballeda de Avia baixa ós 18; Leiro conta con 13 casos e Avión con 8. Cenlle conta con 7 positivos. Arnoia, Cortegada e Castrelo de Miño contan con 4 cada un deles e beade conta con 3.

AVANTAR ACTIVIDADES

A comunidade galega rexistra hoxe 2.508 contaxios, un ritmo de novos positivos que presenta o máximo desta sexta vaga. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 20.262. A ocupación das camas dos hospitais equilíbrase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 50 (=) están en UCI e 218 (-5) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 247 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 2.619 casos activos, un leve repunte. Os hospitais hoxe presentan 38 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 6 (-1)  na UCI.

VIDEO ( A partir do minuto 1:04 )