Hoxe cúmprese un ano da inoculación da primeira vacina fronte a covid-19 en España

Eran as nove da mañá do domingo 27 de decembro de 2020 cando Araceli Hidalgo, de 96 anos, converteuse na primeira española vacinada contra o covid-19. Xusto despois seguiu Mónica Tapias, auxiliar de enfermaría técnica asistencial da Residencia Los Olmos de Guadalaxara. Ese foi o inicio dunha campaña de vacinación, que este luns cumpre un ano e que xa inmunizou a case 40 millóns de cidadáns, evitando miles de mortos.

A día de hoxe, estase a inocular a terceira dose xa avanzando no rango de idade dos 40-49 anos. Os nenos tamén están sendo vacinados, os máis novos entre os 9 e os 11 anos.

AVANTAR ACTIVIDADES